CGaP Fundación Centro Galego do Plástico

 

O CGaP é o Centro Tecnolóxico do plástico da comunidade autónoma de Galicia. Nace no ano 2008 como unha fundación privada sen ánimo de lucro promovida por un grupo de empresas do sector do plástico, a Universidade da Coruña e co apoio da Xunta de Galicia. Pertence á Rede de Centros Tecnolóxicos de Galicia (RETGALIA)
 
O CGaP nace co obxectivo de desenvolver novas tecnoloxías de transformación e novos produtos plásticos no sector industrial. Deste xeito, o CGaP ofrece servizos tecnolóxicos avanzados, desenvolve proxectos de I+D+i de forma integral e imparte formación especializada co obxecto de mellorar a competitividade das empresas do sector.
 
As áreas fundamentais de traballo do CGaP son Proxectos de I+D+i, Deseño de produto, Laboratorio, Asistencia Técnica, Prototipado rápido e Cursos de formación. Desde as súas orixes, o CGAP mantivo un contacto directo coas empresas do sector do plástico co fin de identificar as súas necesidades e poder así establecer accións encamiñadas a satisfacelas ofrecendo solucións integrais e personalizadas